Undead Mole
@undeadmole
He/Him. I like ttrpgs and designing things for them, drawing, carving wood, books, video games, movies... Visit Contact: DM here or umrpg@proton.me
Xogo. Spyro 2: Rypto´s Rage. Pois foi o 1 ao 100% e agora o 2. Prefiro o primeiro pero este é lume tamén.
Peli. Clue. Está divertida para ser a peli dun xogo de mesa. Ten a súa dose de ranciadas típica da época.
My #AppendixNJam adventure is almost done. Here's a sneak peek at the cover, although a couple of things are still missing.
Chantoume esa liña en branco ao final e da igual que engada ou quite texto, sempre a mantén
Peli. Backrooms. A idea orixinal das backrooms non ten chicha suficiente e que había que meterlle máis, pero dar explicación sobre o funcionamento do lugar penso que é cargarse o atractivo da idea, máis se é o que sostén o drama dos protas. Outro tanto cos monstros. Ejiofor é un actor incrible.
Peli. The Lord of the Rings. O meu primeiro contacto coa obra de Tolkien cando era un cativo. Incrible en moitos aspectos, pocha en moitos outros. Paréceme producto dun esforzo de condensación e innovación impresionantes que a fan digna de ver. A segunda metade faise pesada.
Peli. Phoenix Forgotten. Outra found footage sobre as luces de Phoenix. Non sorprende pero estivo entretida.
Ter a talla de madeira con coitelo como hobby significa atopar estas maravillas de cando en cando
Peli. Okaruto. Logo de ver a nova de Shiraishi, animeime a revisionar outra das súas pelis míticas. Flípame a mestura de folklore e terror cósmico, e a maneira na que vai desenvolvendo o misterio co seu incómodo protagonista. O final é inesperado e bastante gracioso.
Xogo. Spyro the Dragon. Xogo de confort por excelencia. A partir do terceiro mundo, os niveis son chill de collóns. Penso que o desfruto máis cada vez que o paso, pero é a primeira vez que completo o 120%. Estou pensando en xogar con randomizer.
Peli. Armour of God II: Operation Condor. Mellor que a anterior, pero sigo sentindo que o ritmo destas pelis é un pouco raro e o humor é similar ao das pelis do destape. Triple protas femininas, triple de machistadas. O mellor, as coreografías, obvio.
Hokum. Cada vez que decido darlle unha oportunidade a unha peli de terror mainstream porque vin boas críticas é unha decepción. Comeza moi ben e vai caendo en picado ata o final. A parte sobrenatural non casa co resto. Tira de jumpscares porque non confía no guión.
Xogo. Lucky Tower. Mestura de roguelite, plataformas, mazmorreo e humor estúpido, con dungeon synth de fondo. Isto fixérono para min.
Tropecei con isto e a verdade é que en prota debería ter posto a este man. O que fixeron coas secuelas nórdicas paréceme maxistral. De vez en cando póñome as cinemáticas do final de ragnarok e valhalla e sempre me emociono.
Peli. Junji Ito´s Long Dream. Unha adaptación dunha historia do mangaka. É un telefilm con recursos limitados pero acompaña ben a historia, que me parece moi orixinal e inquedante.
Peli. About a place in the Kinki region. Hostia puta, Shiraishi volveuno facer. Non creo que esté á altura de Noroi ou Okaruto, pero está bastante perto. Non coñezo a ninguén que una o terror sobrenatural e a investigación como o fai este home. O final síntese un pouco aleatorio, pero menuda viaxe.
Peli. Iron Lung. Chamoume a atención porque o xogo paréceme unha pequena xoia en bruto e a simple intención de facer unha peli a partir del é unha mostra de que o proxecto parte da paixón. Desafortunadamente, non logra facer nada realmente impactante coas boas ideas que ten.
Peli. Muppet Treasure Island. A peli de piratas definitiva. Johnny Depp, chúpame os collóns. Non recordaba o do kink de Gonzo polo BDSM.
Serie. Spider-Noir. Totalmente o que agardaba. Sen ter en conta o prota, sería unha cousa que non me pararía a ver. Non está para nada mal pero meh. O caso é que o señor Cage sempre multiplica a diversión, e penso que sabían moi ben o tesouro que tiñan entre mans.
Peli. Armour of God. As pelis tempranas de Jackie Chan son como unha peli de Pajares e Esteso descafeinada e salpicada de acción ata que chegas ao final, que é cando se poñen guapas. Ao final, Jackie Chan canta mentres che poñen cando se fixon un boquete no cráneo saltando dunha árbore.