Xerais
@xerais
#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).
En palabras da autora, «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co estabelecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
«O tipo de relación pode variar, e as persoas poden afastarse e recuperar o contacto, non sei. A vida hanos levar por camiños diferentes. Mais a rede de amor que nos conecta nunca se quebrará. Nós constuímola. E ela construíunnos a nós». "Heartstopper 6" de @aliceoseman.bsky.social
Hoxe é o #DíaMundialdoCan e para celebralo recomendámosvos historias divertidísimas cos cans máis aventureiros do mundo🐶 Cal é o voso favorito?😊 @lediciacostas.bsky.social Marta Villar, Eva Mejuto, Alicia Borrás.
Os poemas deste libro xiran arredor desa idea de resto: árbores mortas ou catalogadas, amores en entretempo, xeracións esgotadas, linguaxes saturadas.
Nova edición de "O lapis do carpinteiro"📖 É o momento de reler esta novela imprescindible da nosa literatura. E, se aínda non a coñecedes, non sabemos a que estades agardando😉 @manuelrivas.bsky.social
«O noso foi unha historia de película, un poema de Neruda escrito na area da praia e borrado polas ondas dun temporal chamado destino». "Só os mortos saben a verdade" de Óscar M. Guzmán.
Cando o detective Alfredo Torres aparece na residencia, Secundino Santalices descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.
A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar
O verán é un momento perfecto para recuperar todas esas lecturas que foron quedando na lista de pendentes. Recomendámosvos 5 libros que cremos que son perfectos para ler no verán.📚 @ismaelramosc.bsky.social Josiño Araújo, Rosa Aneiros, Xesús Fraga, Xerardo Quintiá, @xaquinnunez.bsky.social
«Por iso, quen mellor pintan o mar, os campos e a neve son os nenos. Porque a neve pode ser verde e o campo rucear como as canas dun vello campesiño». "O lapis do carpinteiro" de @manuelrivas.bsky.social
A conta atrás rematou🍂🌈 O esperado final de Heartstopper xa está nas librarías📚 Escrito por @aliceoseman.bsky.social traducido por @neeumatiko.bsky.social coa colaboración de Éric Dopazo.
Nova edición de "en que mesa sentariades?" En cada mesa hai unha novela trepidante, un libro infantil divertido e un poemario conmovedor📚 Se só puidésedes sentar nunha mesa, cal escolleriades?😉
Non queriamos deixarvos todo o verán sen lecturas, así que… TEMOS NOVIDADES! Aproveitade para ler baixo o sol e gozar de moi boas historias!📚 @manuelrivas.bsky.social, Óscar M. Guzmán, Luís Colder, Alice Oseman @neeumatiko.bsky.social, Éric Dopazo, Teresa Moure.
Que libro curto recomendariades para alguén que quere comezar a ler? Contádenos!😊
O mundo de Lucía é silencio, regras e pantasmas: o seu pai converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e, por algún motivo, o fútbol está prohibido. Lucía terá que decidir se está disposta a arriscarse para conquistar o seu lugar dentro e fóra dun campo de fútbol ⚽
«O día que o Avó se xubilou, a empresa regaloulle un vagón en desuso. Logo o Pai quitou os asentos; non todos, porque lle daba tristura. Dentro da carcasa do vagón, o Pai segue a ver a seu pai cada día». "A identidade" de Manuel Darriba.
Hoxe é o Día do Orgullo LGBT+ e queremos recomendarvos libros que representan e abren portas. Porque todxs merecemos atoparnos nos libros, sentirnos vistxs e ler con liberdade📖 Grazas a todos xs autorxs por dar visibilidade e voz a tantas historias🏳️🌈
Un personaxe desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade.
Falta pouco para reencontrarnos con Nick, Charlie e o resto do grupo por última vez♥️ A última entrega de Heartstopper está a piques de chegar e nós xa estamos contando os días para saber como remata esta historia📚
Arnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante 21 días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno.
Na noite máis máxica do ano, entre lume e desexos, tamén hai tempo para ler🔥 «Meigas fóra!» é un divertidísimo conto que propón unha reflexión sobre o desastre ao que nos poden levar determinados comportamentos. Unha historia que é un canto á liberdade📢 @ramonveiga.bsky.social
Volve este clásico moderno de Suso de Toro na súa máxima potencia narrativa. Unha novela brutal e hipnótica sobre feridas familiares que non dan curado. @susodetoro.bsky.social
🚨 COMEZA A CONTA ATRÁS!🚨 O sexto volume de Heartstopper estará nas librarías o día 2 de xullo💛📚 Preparadxs para coñecer este desenlace? @aliceoseman.bsky.social @neeumatiko.bsky.social
Esta obra é un acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.
«daquela a vida doeu tanto, que quixen aprende a camiñar cara atrás para non perdela nunca máis de vista» "Xardín de inverno" de @lediciacostas.bsky.social
«Finxín que abandonaba o meu propósito como se deixa un poema inacabado no fondo dun caixón, dobrado de xeito que os versos quedan á vista...» "Boundaries Road" de @ceciliafsantome.bsky.social
Descubride a historia desta eiruga rabuda!!🔥🐛 @antiay.bsky.social e ilustracións de Iván R.
Primo Rodríguez é o autor deste mural dedicado á novela 'O lapis do carpinteiro', de @manuelrivas.bsky.social. Podedes velo en Vimianzo 👇
VOLVE LEDICIA COSTAS! VOLVE "XARDÍN DE INVERNO"! Un universo propio cheo de simbolismo onde o xardín de inverno funciona como refuxio fronte á dor, á perda e á mala sorte herdada. @lediciacostas.bsky.social