Xosé Veiras
@xoseveiras
Biólogo. Activista climático. Promotor do Observatorio Galego da Acción Climática (www.ogacli.org).
A refinaría da Coruña (Repsol) e a regasificadora de Mugardos (Reganosa), e non o sector eléctrico, son as que dominan as exportacións galegas de enerxía (final). En 2024, por primeira vez en décadas, as exportacións superaron por pouco o consumo interno. ogacli.org/balanzo-2024...
O carbón desapareceu das importacións galegas de enerxía fósil, mais petróleo e gas fósil mantéñense en niveis elevados. E Galicia non só importa enerxía fósil, tamén renovábel (sucia). Biocarburantes para os coches de combustión.
En Santiago de Compostela só o 27% dos novos autobuses urbanos do servizo mellorado serán eléctricos. O resto serán de gas fósil (parabéns Reganosa!).
A historia de amor de Repsol polas letras galegas dura xa 20 anos. A produción de cambio climático na refinaría de petróleo de Repsol na Coruña dura xa máis de 60 anos.
A biomasa (leñas, pellets, restos de cortas,...) é unha enerxía renovábel pero non reduce a contaminación atmosférica. Todo o contrario. É a primeira vez que vexo nun documento oficial unha aposta diferencial polo fomento de fontes renovábeis limpas. No plan estatal de ozono.
Os medios galegos falan, e ben, das crecentes consecuencias negativas da crise climática global sobre o sector primario. Mais case nunca da súa importante achega ás emisións de gases de efecto invernadoiro (e doutros contaminantes) en Galicia ogacli.org/emisions-gei...
O sector enerxético pasou de achegar o 51% das emisións galegas de gases causantes de cambio climático en 1990 ao 11% en 2024. Mentres, o transporte pasou do 11% ao 30,5%. Mesmo sen incluír as emisións do transporte marítimo e aéreo internacionais.
A enerxía máis verde é a que non se consome, pero a consumir menos recursos enerxéticos (enerxía primaria) tamén contribúen, e moito, a eólica e a solar. Porque é moi ineficiente producir electricidade con combustíbeis fósiles (e biomasa). Fonte gráfica: Balance enerxético Galicia 2024
"En Galicia un 35% dos cetáceos que aparecen varados presentan indicios de ter morto capturados accidentalmente en artes de pesca", segundo a rede de varamentos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. O Goberno estatal tenta minimizar este problema, mais Xunta e confrarías opóñense.
No que levamos de ano, o consumo de gasolinas e gasóleos de automoción medrou o 0,7% no Estado español. A pesar da suba do petróleo pola guerra dos EUA e Israel contra Irán. Non hai transición enerxética no transporte.
A extracción de pizarra en Galicia e a súa posterior exportación (95% da produción!!) destrúe zonas de montaña de moi alto valor ecolóxico e devora enerxía. A pizarra é perfectamente substituíbel na construción e non é estratéxica para nada importante (como a transición enerxética).
Considerando o consumo galego de recursos enerxéticos (enerxía primaria), o peso dos combustíbeis fósiles é semellante á media española e da UE (2024). O rasgo diferencial de Galicia, onde tamén necesitamos moitas máis renovábeis, é a ausencia de enerxía nuclear e de carbón. Algo ben positivo.
Do escudo enerxético non forman parte os biocarburantes, fabricados maioritariamente con materias primas importadas, contaminantes, e que pagamos ao mesmo prezo que a gasolina e o gasóleo cos que se mesturan. Vehículos eléctricos ou bombas de calor si fan parte do escudo.
Pois en Portugal si semella que se está a disparar a electrificación, en parte con electricidade galega importada. Máis consumo de electricidade limpa e menos de petróleo e de gas fósil, ese é o camiño.
Aquí unha comparación de diferentes consumos enerxéticos privados: -Grande parte do consumo ten lugar fóra dos fogares, no transporte. -A electrificación é máis eficiente cá combustión. Podedes facer outras comparacións con esta interesante ferramenta: hannahritchie.github.io/energy-use-c...
Titular enganoso. As axudas da Xunta non se destinaban só a coches eléctricos senón sobre todo a non eléctricos. Case todas as solicitudes foron para híbridos e GLP. O anterior sumado ao pequeno orzamento das axudas igual a aforro ridículo de emisións de CO2.
O Estado español exporta a Portugal ben máis electricidade da que importa, contribuíndo á descarbonización do consumo eléctrico portugués. En 2025 un 30% do saldo exportador total foi con Galicia. Fonte: Rede eléctrica.
O peche das centrais térmicas de carbón e a potencia limpa acumulada fixeron posíbel que o factor de emisión de CO2 da electricidade galega pasase en poucos anos de 350-450 a menos de 100 gr/kWh (media anual) hoxe. Antes diso, a produción galega era máis intensiva en CO2 que a española.
Nos últimos anos a transición enerxética si avanzou en Galicia, aínda que practicamente só pola retirada de potencia fósil, principalmente 2.000 MW de carbón (18% da potencia total en 2018). A produción eléctrica con carbón caeu en poucos anos a cero, como se ve na seguinte gráfica.
Titular incompleto, pois refírese só á electricidade, un 25% da enerxía (final) dispoñíbel en Galicia. Electricidade (maioritariamente limpa) exportada que Galicia necesitaría para reducir a enerxía (case toda fósil) importada. Por exemplo, gas natural.
Segundo as estimacións preliminares de OTEA (BC3), as emisións territoriais españolas de gases causantes de cambio climático apenas mudaron en 2025. O efecto nas emisións das melloras en eficiencia enerxética e en descarbonización foi anulado polo crecemento económico e poboacional.
Disto tamén vai a (non) transición enerxética. Urxen máis e mellor transporte colectivo, máis electrificación do parque de vehículos, máis mercadorías por tren e menos en camións.
A interfaz está tirada da web de Rede eléctrica, mais na súa app tamén podes ver os datos do saldo de almacenamento.
Por primeiro ano, en 2025 as baterías aparecen no balance eléctrico galego como sistema de almacenamento de electricidade. O crecemento da súa potencia nos próximos anos será chave para atinxirmos un sistema eléctrico 100% renovábel sen centrais de gas fósil. (Unidades en MWh).
A demanda de electricidade en Galicia subiu durante 2025 mais non tanto como indicaba a web de Rede eléctrica hai uns días. Houbo unha forte corrección do dato para 2025.
A partir de 2030 os límites legais de contaminación do aire serán máis esixentes, aproximándose ás recomendacións da OMS. Segundo a Xunta, actualmente incumpriríase na área metropolitana de Vigo o novo valor límite (Directiva 2024/2881) para un dos principais contaminantes.
A fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao comezou a retomar a súa actividade o ano pasado, proceso que culminará aínda a mediados deste ano, mais que xa tivo un impacto importante na demanda eléctrica en Galicia. www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/...
Pois en Uruguai estanse a vender ben máis coches eléctricos que híbridos, a diferenza do que acontece en España. Será porque son máis ricos ou teñen máis puntos de recarga.
2025: outro ano perdido en Galicia para o aumento da potencia eléctrica sen emisións de CO2 e para a retirada de potencia eléctrica fósil.
A transición enerxética de verdade está tardando moito en chegar ao transporte no Estado español.