Román ⬜
@romancuadrado
[GAL/ESP/ENG] He/him 🌱 Debuxante que non debuxa. Patronista que non fai roupa. Froiteiro que non disfruta. 🐖
Nun atentado do destino, atopei as fotos das miñas escuadras inacabadas de Nurgle de hai 5 anos e agora teño que manter as miñas obsesións a raia ata despois do exame de oposición da semana que ven. Necesito velos a todos rematados. #miniaturepainting #40K
Atopei unha chea de tintas de cores mercadas arredor do ano 2009. Que bonitiñas son... 🥲
2022 – Un comic que fixen para “Tralla brava”, o fanzine de Edicións Baixo Terra (@baixoterraed en insta) sobre o futbolín⚽
O día que desapareza o mural de "Mili KK" (preto do concello de Narón) vou envellecer douscentos anos de golpe e colapsar nunha nube de po.
Vou ter que xogar a máis xoguiños tipo "experiencia de media hora", porque onte rematei Cape Hideous e resulta que o peta bastante. O gameplay é practicamente inexistente, a historia é impenetrable e a arte feita en MS Paint é estrañamente bonita para o fea que é. Encantoume.
Daemonologie é incrible. É un xoguiño moi breve (25 minutos aprox), pero polo que a min respecta, a experiencia excede de lonxe os tres euretes que custa.
Hoxe fíxenlle prission break a esta ra que apareceu nunha bolsa de leituga do hiper no que traballo.
[Gal] O outro extremo do espectro: un bosquexo a cor non relacionado coa imaxe anterior. [En] The other end of the spectrum: an unrelated color sketch
As follas das cereixas nacen do talo, non da froita 😬 Pese a isto, é a miña favorita.