Cláudia Morán Mato🍉
@claudiamoran90
Xornalista • Se queres contarme algo: claudia.moranmato@gmail.com
Por absurdo que pareza, o de De la Espriella ante o terremoto en Colombia ten moita lóxica: a un político que promete cargarse o gasto público só lle queda encomendar o seu país á vontade de Deus
Isto é a guerra (de clases) www.nosdiario.gal/opinion/clau...
Non podo deixar de pensar que Satrapi estivo sempre falándonos dela mesma. Da tristura e a dor. Unha fonda tristura polo mundo, polo propio, do que todo forma parte. O noso mundo e o seu, que hoxe se collen da man www.nosdiario.gal/opinion/clau...
Directores e locutores dos medios de comunicación. Óleo sobre lenzo
Chegaches no intre xusto para darlle no morro de cocho ao universo patriarcal que nos caeu enriba. Con Circe, Penélope, Morgana, Viviana e esa caste de mulleres libres na túa procura dun mundo distinto. Hai esperanza en ti, Begoña, para todas nós www.nosdiario.gal/opinion/clau...
Non transitarei polo seu chan espiñento como faquir da obediencia. www.nosdiario.gal/opinion/clau...
Mañá estarei aquí, en Vigo, para quen queira achegarse. Encántame falar con vós 💜
Carta de amor aos clubs de lectura www.nosdiario.gal/opinion/clau...
Mañá mércores, 29 de abril, ás 20:00 horas, estaremos a presentar en Vigo 'O eco das ondas', de César Morán, editado por Medulia. Haberá libro, conversa e, por suposto, música. Encantaríanos vervos alí. Será, por suposto, na Libraría Cartabón. Onde, se non? 😉 @librariacartabon.bsky.social
Busquei *ceo de xarda* en Google. O que buscaba vs o que me respondeu a IA
Postea unha foto túa que quedaría ben como portada dun disco.
"Non sempre que lemos un ensaio descubrimos algo novo. De feito, rara vez acontece", dixo @marilaraleixandre.bsky.social na presentación do libro 'Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes', de @albars-1980.bsky.social. Abofé. Esta obra é un achado e un exercicio de xustiza