Le_Barreiro
@le-barreiro
Neto do Manecho. Investigador da comunicação na USC e leitor de bd. Uma vez chamaram-me indómito. Na ACDCómic.
Outra marabilla que trouxen do viñetas foi esta delicadeza de @ed-defectuosas.eurosky.social Unha xoia como todo o que fan!
Resumo do noso Viñetas. Todo estupendo, boas conversas, coñecemos xente super e vendemos todos os libros que levou a editorial. Que bo ter un festival como este!
Se queredes unha copia de Maré asinada polo Elías e por min mañá tedes outra oportunidade! Edición con cuberta especial Viñetas. Ollo!
Que día lindo. Inauguramos expo no @vinetasatlantico.bsky.social fixemos un faladoiro e logo unha sesión de sinaturas. Todo divertido e bonito. Falamos con moita xente e recibimos moito agarimo. 💙
En breve, ás 11h, inauguramos esta expo que nos fia tantísima ilusión. Vinde vela! @vinetasatlantico.bsky.social
Se ides andar polo @vinetasatlantico.bsky.social pasade a saúdar que o Elías e eu temos sorpresas
Na Sermos do @nosdiario.bsky.social publican a miña recensión de Severina e a raiña dos trasnos de Inés Vázquez. Unha Bd ben divertida e moi ben debuxada. E ademáis póñenme de veciño dun enorme escritor 🧐😂
Onte foi a V Gala da Cultura da Deputación da Coruña. O premio xa está no lar e o libro a piques de comezar o (que semella vai ser) longo camiño da edición.
Atopei isto na web dunha editorial? Que terán de singulares os libros de BD?🤔
Hoxe sae na Sermos do @nosdiario.bsky.social a miña recensión sobre o clásico da BD pílulas azuis, de Peeters, editado finamente en galego pola @rinoceronteeditora.bsky.social. Un imprescindíbel en calquera bedeteca!
Comezou o #funfunfun25 no Muelle1931 shop coa charla do artista São Telmo. Coa colaboración de @puntogal.bsky.social e o @concellosantiago.bsky.social
Xa saiu do prelo o 3.ºFuncine. Mañá poderedes conseguilo na feita de fancines na casa das Máquinas. Co apoio de @puntogal.bsky.social e do @concellosantiago.bsky.social #funfunfun25
Esta finde é o #FunFunFun sodes benvidas todas. Esta é a programación:
Hoxe andaba á busca duns datos nunha web do Consello de Europa e atopei isto. E I think is beautiful!