Real Academia Galega
@realacademiagalega
Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.
Hoxe despedímonos do alumnado da XXXVI edición dos #CursosGalegoSenFronteiras, un antídoto contra a intolerancia que agasalla o mundo coa nosa lingua. Hoxe dicímosvos co corazón que agardamos volver vervos pronto. Esta é a vosa (outra) casa. 📌 academia.gal/-/remata-a-x...
A RAG acordou hoxe dedicarlle as #LetrasGalegas2027 a Xosé Neira Vilas. A institución reivindicará o vasto legado que deixou. ‘Memorias dun neno labrego’ é sen dúbida o seu gran símbolo, pero abrangue moitas máis dimensións nas que profundaremos. 📌 academia.gal/-/as-letras-...
Abafar, abarquiñar, acorar... #petiscosdelingua #dicionario 📌https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/abafar
Un ano máis recibimos cos brazos abertos alumnado de todo o mundo nos Cursos #GalegoSenFronteiras, un espazo para compartir a lingua e a cultura de noso e tendermos pontes para o diálogo entre pobos. 📌 academia.gal/-/arrincan-o...
Emitimos xa en directo dende o Teatro de Beneficencia a xornada que lle dedicamos ao @festortigueira.bsky.social no noso ciclo sobre a invención da tradición. 🎦Emisión en directo👇 www.youtube.com/watch?v=_OGo... @incipitcsic.bsky.social @grupohistagra-usc.bsky.social
Deixounos Fátima Rodríguez Ruibal, boa e xenerosa, profesora e feiticeira que sementaba o afecto pola cultura, a lingua, o coñecemento. Foi coguionista e actriz de 'A orixe da nosa lingua guapa'. Fica na nosa memoria co seu sorriso de meiga boa. 🎦 www.youtube.com/watch?v=jxvn...
Moi feliz noite de san Xoán! E gozade tamén do que nos queda deste mes de... san Xoán! 😄
🎦Emitimos xa en directo o encontro 'Ruth Matilda Anderson: a ollada nas mulleres', con @albars-1980.bsky.social, Ana Cabana @grupohistagra-usc.bsky.social @braislorenzo.bsky.social e @marilaraleixandre.bsky.social 👇 www.youtube.com/watch?v=-_Fy... Apoia o Concello da Coruña
Este sábado estaremos na Illa de San Simón rendéndolle homenaxe a don Xesús Alonso Montero (1928-2026), mestre de mestres e presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.
Hoxe participamos na entrega dos Premios que conectan Emilia Pardo Bazán con Palavea. O certame da Asociación Veciñal Os Nosos Lares distinguiu seis relatos de autoras e autores da Coruña á Fonsagrada. 📌 Todos os detalles en i.gal/NCfz5
📣 Ruth Matilda Anderson. A ollada nas mulleres 📣 Con Alba Rodríguez Saavedra, autora de 'Tradutora das marxes'; @braislorenzo.bsky.social e a historiadora Ana Cabana. Entrada libre ⏰📍 18 de xuño (19 h). Fundación Luis Seoane Coordina @marilaraleixandre.bsky.social Apoia concellodacoruna.bsky.social
Este venres, 5 de xuño, #Toponimízate chega a Betanzos cunha nova charla sobre como recoller nomes de leiras, montes e outros microtopónimos coa aplicación #GaliciaNomeada. Aprenderedes tamén a orixe dos principais nomes da terra do municipio. Entrada libre.
A relación entre a ecoloxía e os nomes propios centrará a XI Xornada de Onomástica Galega. Inscrición gratuíta ata o 5 de outubro. 🗓️📍Sábado, 10 de outubro de 2026 - Museo de Pontevedra 📌Formulario de inscrición e programa 👇https://academia.gal/formulario-de-inscricion
O académico correspondente Diego Rodríguez presenta en Vigo 'Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía' nunha charla co presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e Carlos L. Bernández. ⏰📍Martes 19 de maio, 19 h. Casa Galega da Cultura 📌Máis información academia.gal/-/diego-rodr...
A RAG celebra este domingo o pleno extraordinario do Día das #LetrasGalegas2026 de #BegoñaCaamaño no Teatro Principal de Santiago. Contaremos nas alocucións académicas con @marilaraleixandre.bsky.social, Ana Romaní e Víctor F. Freixanes. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
🎦 Foi ben fermoso ver nunha gran pantalla o documental das #LetrasGalegas2026. A proxección no Salón Teatro de 'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul' reuniu participantes, amizades da autora, veciñanza compostelá e representantes institucionais. 📌Máis información academia.gal/comunicacion...
Empezamos a semana navegando no pracer do azul. Agardámosvos ás 19 h no Salón Teatro de Santiago na presentación do documental das #LetrasGalegas2026 de #BegoñaCaamaño. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 🎦Avance do filme www.youtube.com/watch?v=IvYc...
Begoña Caamaño: “Ler é viaxar no tempo e na xeografía; no interior da mente humana ou nas circunstancias que rodean a ese ser” Moi feliz #DíaDoLibro #LetrasGalegas2026 #BegoñaCaamaño #circeouopracerdoazul #morganaenesmelle
O luns 27 de abril estaremos en Santiago de Compostela para presentar o documental das #LetrasGalegas2026. O Salón Teatro acollerá a partir das 19 h a proxección de 'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul' e o coloquio posterior cos directores. A entrada é libre.
Quiroga será o primeiro concello da provincia de Lugo con mapa sociolingüístico escolar. Hoxe asinamos o acordo entre a RAG, este municipio da Ribeira Sacra e a @SXPL que o fará posible. 📌https://academia.gal/-/quiroga-tera-o-primeiro-mapa-sociolinguistico-escolar-de-lugo
📣Este sábado agardámosvos en Carnota. Alfonso Blanco Quintela presenta o seu volume sobre a toponimia do concello para a colección #TerraNomeada. ⏰📍11 de abril ás 12 horas no Centro Cultural do Viso
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Manuel Caamaño. Membro correspondente da institución, foi unha figura destacada do activismo cívico e cultural do noso país dende os anos 60 do s. XX. 📌 academia.gal/-/a-rag-expr...
🌞🌷 #Marcear Estar un tempo propio do mes de marzo. 📌academia.gal/dicionario #petiscosdelingua
A Real Academia Galega celebra a voz imprescindible de María Xosé Queizán, a autora que converteu a palabra silenciada das mulleres nunha festa. 🎦📷✒️Vídeo, fotos e crónica do acto do #DíaDaPoesía dedicado á escritora 👇 academia.gal/-/a-rag-cele...
María Xosé Queizán e Uxía puxéronlle así o ramo á homenaxe que a Real Academia Galega lle rendeu esta tarde á escritora co gallo do #díadapoesía. Porque non hai nada do que se arrepentir. 😍 📘 Plaquette da celebración 👇 doi.org/10.32766/rag...
"A poesía de Queizán é un elo que vai atravesando xeracións ata chegar ás poetas novas" 🎦Emitimos en directo desde o MARCO a homenaxe da Real Academia Galega a María Xosé Queizán co gallo do #DíaDaPoesia 👇 youtube.com/watch?v=6iXC... @marilaraleixandre.bsky.social
Esta tarde de martes rendémoslle homenaxe a María Xosé Queizán. Os seus versos soarán nas voces de autoras e autores de distintas xeracións e de Uxía. 📍⏰🎦Agardámosvos no @MuseoMARCO de Vigo ás 18:30 h, e tamén en directo en www.youtube.com/watch?v=6iXC...
Pase o que pase esta noite en Hollywood, Oliver Laxe xa fixo historia. O primeiro director galego que opta a gañar un Oscar énchenos de orgullo coa súa carreira e lémbranos a capacidade de chegarmos ao mundo enteiro desde as nosas raíces. Parabéns e grazas, Oliver. #oliverlaxe #Oscars2026 #sirat
"É o momento de mudar o mundo; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non? Da felicidade". #BegoñaCaamaño #LetrasGalegas2026 #8M
'Estudos de Onomástica Galega X. Os nomes do mar' afonda nos asuntos que abordaron os relatores e relatoras da xornada que lle dedicamos a este tema o pasado outubro e reproduce os coloquios. O volume sae do prelo co apoio da @depo_es. 📌Versión dixital ⬇️ doi.org/10.32766/rag...